Día de Derbi do Miño no Pazo

Compartir con

Hoxe venres ás 21:00 horas volve a emoción e a rivalidade Breo – COB

Cita sempre especial a que se vive cando se atopan no camiño os dous clubs de baloncesto galego unidos polo Miño.

Cafés Candelas Breogán e Ourense Provincia Termal loitarán por unha nova vitoria pero estes derbis nunca son un partido máis. Rivalidade, expectación, audiencias, gradas cheas, himno de Galicia, ex xogadores dos dous equipos en ámbalas dúas plantillas… son moitos os ingredientes para que ninguén queira perder a cita baloncestística por excelencia do baloncesto galego e xa un referente incluso fora da comunidade.

Co Ourente Provincia Termal de Gonzalo García de Vitoria viaxará Devin «Lucense» Wright que, sen dúbida, será recibido como sabe facer a afección celeste cos que compartiron soños nalgún momento da súa historia.

Tamén viaxará un nutrido grupo de seareiros cobistas que contribuirán a dar colorido e ambiente das grandes ocasións ao Pazo.

Haberá espazo para a solidariedade, xa que o partido será dedicado a Raiolas, que estarán a vender o seu calendario solidario nas portas do Pazo, e tamén continuará en marcha a grande recollida de alimentos non perecedoiros da campaña posta en marcha coa colaboración de Nove Ondas, as peñas celestes e a Deputación de Lugo.

Nos prolegómenos do encontro soará íntegro o Himno de Galicia, e o club recibirá unha homenaxe polos 50 anos de historia de mans de o Diario El Progreso, que, ademais repartirá un amplo suplemento que repasa os 50 anos celestes.

Entre o primeiro e segundo cuarto haberá unha nova carreira de autos teledirixidos con Tobarix Lugo e Cafés Candelas.

No descanso será o momento para que reciban un recoñecemento pola súa traxectoria e contribución á historia celeste dous xornalistas que viviron e informaron sobre o Breo dende os seus comezos e puxeron voz a moitos momentos da nosa historia, nos bos e nos malos tempos, Paco Rivera e Arcadio Silvosa.

Entre o terceiro e o derradeiro cuarto volve a Canastra StarCenter cun concursante tratando de levar unha nova TV para a súa casa.

E dende que o partido estea en marcha, será posible votar polo Xogador Tucson de Hyundai Ditramotor e poder levar unha fin de semana de SPA e viaxando nun flamante Tucson.

Día de Derbi do Miño no Pazo
Día de Derbi do Miño no Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información