Día de Marea Celeste

Compartir con

Chegou o día do derbi que enfrontará ao Cafés Candelas co Leyma Coruña en Riazor (12:30 horas).

Agárdase una xenerosa presenza celeste nas gradas herculinas e un partido de alta voltaxe entre dous grandes equipos.

As taquillas do polideportivo coruñés abrirán ás 11:15 horas para aqueles que non efectuaron a compra online. As entradas estarán á venda por 10€ para adultos e 5€ para menores de 18 anos.

Ás 12:30, balón ao aire e comezo dun dos encontros máis atractivos da tempada. Grada celeste e grada laranxa fronte a fronte animando a dous equipos galegos que traballan día a día para levar o deporte da canastra ao máis alto.

Sen dúbida una cita ineludible, con dous adestradores con ampla experiencia: Tito Díaz e Natxo Lezkano, e moita calidade sobre o parqué.

En caso de vitoria, o Cafés Candelas será líder en solitario, mantendo esa condición –igualado con Palencia, GBC, Lleida e o propio Leyma, en caso de derrota.

Día de Marea Celeste
Previa de Tito Díaz, adestrador do Leyma Coruña

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información