Día de partido no Pazo: o Cafés Candelas recibe a Palma

O Iberostar Palma de Sastre será o rival esta noite (20:45 horas)

Lezkano poderá contar con Löfberg e Sulejmanovic, reincorporados tras pechar a ventá FIBA na que foron convocados polos seus combinados nacionais.

Os celestes buscarán manter a concentración que lles leva a permanecer invictos e sumar a undécima vitoria da tempada. Palma conta cun plantel cargado de calidade a pesar de que non atopou aínda a súa regularidade. Regresa, os ex celestes Rafa Huertas e Roger Fornás.

O equipo balear chega a Lugo con catro vitorias.

No partido de hoxe teremos a visita do Club de Tenis de Mesa Dez Portas de Lugo que farán unha exhibición no descanso do partido, dentro do programa de colaboración celeste con entidades deportivas e sociais de tódolos ámbitos.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información