Día de partido. O Leite Río Breogán buscará a vitoria en Pucela

Compartir con

Hoxe venres ás 20:45 horas o Leite Río saltará ao parqué do Pisuerga en partido televisado por La Liga Sports TV

O equipo celeste enfróntase a un dos equipos máis en forma da categoría neste inicio. Os de Hugo López suman as mesmas vitorias que os celestes e só caeron na pista do Palma, un dos favoritos.

O equipo pucelano conta cun plantel de calidade no que destacan, entre outros, o incombustible Sergio de la Fuente, capitán do equipo e xogador máis valorado, o aleiro Frank Bartley, máximo anotador do equipo valisoletano, e o poderoso interior Seydou Aboubacar, gran coñecido da afección celeste e máximo reboteador do equipo do Pisuerga.

Como seguir o partido

O partido do Leite Río Breogán en Valladolid (20:45horas) poderase ver en directo por La Liga SportsTV. A aplicación pódese descargar en GooglePlay para Android https://play.google.com/store/apps/details… ou na AppStore para Apple IOS https://apps.apple.com/…/laliga-sports-tv-en-di…/id904889983

Tamén se pode seguir vía web en laligasportstv.com

A Radio Galega tamén estará presente e conectará con frecuencia co Pisuerga (Fm, tdt, radiogalega.gal e app) e

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información