Día de partido. O Pazo agarda!

As 20:00 horas o Cafés Candelas buscará una vitoria ante o CB Clavijo de Erik Quintela

As derrotas de Melilla e Prat no arranque da xornada en venres, abren a opción de que o Cafés Candelas, sumando un trunfo, dea un paso adiante importante na clasificación desta primeira volta afianzando o liderado. Compre lembrar que o primeiro clasificado ao remate desta volta inicial tras 17 partidos, organizará como local a Copa Princesa.

O partido ten moitos alicientes. O simple feito de ver de novo ao Breo en acción e, nesta ocasión, aos irmáns lucenses Quintela cara a Cara, será un espectáculo e orgullo para o noso baloncesto.

Tamén existe a posibilidade de que Lezkano dea os primeiros minutos a Kabasele coa camisola celeste. O xogador comezou a semana con mal pé cunha leve escordadura pero parece que poderá axudar no que o coach estime oportuno.

 

TENDA NO PAZO

Tamén estará dispoñible o novo merchandising no hall da entrada principal (acceso dende o exterior para os non aboados da zona Miño Gris).

Haberá á venda suadoiros oficiais (50€ ), Camisola de xogo titular e reserva (45€), cubre camiseta (45€ ), Polo vermello (35€), camisola reversible de adestramento (50€), etc.

 

Día de partido. O Pazo agarda!

#CANDELASCOBREO

Tamén estrearemos un novo concurso entre o 3º e último cuarto no que catro afortunados, so por participar, levará un lote de productos Candelas e optarán a premios maiores como un ano de café gratis, experiencias co equipo etc… Atento á pista!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información