Diego Epifanio novo adestrador do Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O club lucense chegou a un acordo para que o técnico burgalés se poña á fronte do equipo durante as dúas videiras tempadas

Diego Epifanio Cabornero (Burgos 25/05/1978) é o novo adestrador do Cafés Candelas Breogán.

Chega ao Breogán un adestrador xove pero cunha ampla experiencia tanto en competición FEB como en Liga Endesa, na que liderou o ambicioso proxecto de Burgos durante as dúas últimas tempadas, situando ao seu equipo entre os máis sólidos da categoría e acadando na tempada 2018/19 unha meritoria clasificación para a Basketball Champions League.

Diego Epifanio «Epi» conta cunha dilatada carreira desenvolvida no baloncesto burgalés onde se formou e na que estivo traballado ao lado Andreu Casadevall dende 2008 a 2015 pasando a adestrador xefe en novembro 2015 e acadando o ascenso de LEB a Liga Endesa na tempada 2016/2017 e liderando o crecemento do proxecto da súa cidade.

Xuventude, capacidade de traballo, profundo coñecemento das ligas LEB e ACB e experiencia, combínanse nun adestrador que chega a Lugo para dirixir o banco breoganista e que se converte na peza clave do novo e ilusionante proxecto dende a que se irá conformando un equipo competitivo.

Benvido Epi!

ACB Photo
ACB Photo

TRAXECTORIA

1994-2005. Colegio Sagrado Corazón de Jesús.

1997-2001. Escuela Municipal de Baloncesto del Ayuntamiento de Burgos.

2001-05. Cantera CB Atapuerca.

2004-05. Autocid Ford Burgos. LEB 2. Adestrador axudante 

2005-06. Autocid Ford Burgos. LEB 2. Adestrador axudante 

2006-07. Autocid Ford Burgos. LEB. Adestrador axudante 

2007-08. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador Axudante 

2008-09. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador axudante 

2009-10. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador axudante 

2010-11. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador axudante 

2011-12. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador axudante 

2012-13. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador axudante 

2013-14. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador axudante 

2014-15. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador axudante 

2015-16. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro. Adestrador axudante e primeiro adestrador dende novembro

Nov. 2015. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro.

2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro.

2017-18. San Pablo Burgos. Liga Endesa.

2018-19. San Pablo Burgos. Liga Endesa.

 

PALMARÉS

2004-05. Autocid Ford Burgos. Copa LEB 2. Campión

2005-06. Autocid Ford Burgos. Copa LEB 2. Campión

2005-06. Autocid Ford Burgos. LEB 2. Campión del Playoff

2011-12. Autocid Ford Burgos. Copa Príncipe. Subcampión

2012-13. Autocid Ford Burgos. Copa Príncipe. Campión

2012-13. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Campeón

2013-14. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Campión del Playoff

2014-15. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Campión

2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. Copa Princesa. Subcampión

2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro. Campión del Playoff

2018-19: San Pablo Burgos Liga E ndesa. (11º) Clasificado para a Basketball Champions League

ACB Photo
ACB Photo
Diego Epifanio novo adestrador do Cafés Candelas Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información