Diego Epifanio seguirá dirixindo o Leite Río Breogán

Compartir con

Diego Epifanio seguirá dirixindo o Leite Río Breogán

O Consello de Administración e o adestrador chegaron a un acordo para seguir adiante co proxecto celeste

Diego Epifanio Cabornero cumprirá así a súa segunda tempada no banco do Leite Rio Breogán. Tras unha campaña atípica e inconclusa debido á crise sanitaria que obrigou a finalizar o seu primeiro curso en Lugo antes do previsto, o adestrador burgalés seguirá traballando en busca do obxectivo perseguido polo club que non é outro que o regreso á máxima categoría.
El encabezará o proxecto deportivo do Leite Río Breogán e o club poñerá para iso, á súa disposición, unha vez máis, todos os medios técnicos e humanos de que dispón. 

O Consello de Administración do club mantén a idea de avanzar nun proxecto ambicioso nos seus obxectivos deportivos e sociais, dentro dun plan de viabilidade económica e sendo conscientes das dificultades que atoparán todos os clubs debido á crise global, pero co obxectivo claro de traballar polo ascenso co respaldo da súa ampla masa social, dos seus patrocinadores, colaboradores e institucións

TRAXECTORIA

1994-2005. Colexio Sacro Corazón de Jesús.

1997-2001. Escola Municipal de Baloncesto do Concello de Burgos.

2001-05. Canteira CB Atapuerca.

2004-05. Autocid Ford Burgos. LEB 2. Adestrador Axudante 

2005-06. Autocid Ford Burgos. LEB 2. Adestrador Axudante 

2006-07. Autocid Ford Burgos. LEB. Adestrador Axudante 

2007-08. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador Axudante

2008-09. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador Axudante 

2009-10. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador Axudante 

2010-11. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador Axudante 

2011-12. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador Axudante 

2012-13. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador Axudante 

2013-14. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador Axudante 

2014-15. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Adestrador Axudante 

2015-16. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro. Adestrador Axudante e primeiro adestrador desde novembro

Nov. 2015. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro.

2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro.

2017-18. San Pablo Burgos. Liga Endesa.

2018-19. San Pablo Burgos. Liga Endesa.

PALMARÉS

2004-05. Autocid Ford Burgos. Copa LEB 2. Campión

2005-06. Autocid Ford Burgos. Copa LEB 2. Campión

2005-06. Autocid Ford Burgos. LEB 2. Campión do Playoff

2011-12. Autocid Ford Burgos. Copa Príncipe. Subcampión

2012-13. Autocid Ford Burgos. Copa Príncipe. Campión

2012-13. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Campión

2013-14. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Campión do Playoff

2014-15. Autocid Ford Burgos. LEB Oro. Campión

2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. Copa Princesa. Subcampión

2016-17. San Pablo Inmobiliaria Burgos. LEB Oro. Campión do Playoff

2018-19: San Pablo Burgos Liga Endesa. (11º) Clasificado para a Basketball Champions League

2019-20: Leite Río Breogán

Diego Epifanio seguirá dirixindo o Leite Río Breogán
Diego Epifanio seguirá dirixindo o Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información