Djordjije Marinovic, o CB Breogán ata a un valor de futuro

Compartir con

Foto FIBA
Foto FIBA

O Leite Río Breogán faise cos servizos do internacional  montenegrino de 18 anos e 2,03m. que xogará cedido no CB Chantada (EBA)

O ala- pivot  montenegrino Djordjije Marinovic procede o  Mataró Parc Boet (EBA) onde  promedia no presente curso 8,9 puntos e 5,2 rebotes.

Internacional en todas categorías de formación con Montenegro, participou coa súa selección no FIBA World Basket de 2018 co combinado U17 onde  promediou 6,3 puntos e 6,6 rebotes.

Marinovic é un xogador en franca progresión que vive a súa primeira etapa en España e que xogará en categoría EBA co Ucoga Seguros CB Chantada que adestra Alberto Fafián, baixo o seguimento dos técnicos do CB Breogán.

Está previsto que o xogador poida participar en sesións  de adestramento do Leite Río Breogán dirixidas por Diego Epifanio.

Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA
Foto FIBA

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información