Do parqué ao taboleiro de xadrez

Compartir con

Do parqué ao taboleiro de xadrez

Brajkovic e Happ visitaron la Escola Luguesa de Xadrez

Os xogadores do Breogán Ethan Happ e Luka Brajkovic acudiron a un adestramento da Escola Luguesa de Xadrez que dirixiron Diego Florez e Pablo Castro e compartiron tempo cos mozos novos xadrecistas que participaban na cita. Os baloncestistas, afeccionados ao deporte do taboleiro, atrevéronse con varias partidas na sede da escola lucense.

Esta visita foi precedida dunha cita de Ethan Happ, gran afeccionado ao xadrez, con Pablo López, un novo valor lucense que ocupa un posto de privilexio na clasificación internacional e sobre o que a ACB publicou un encontro ao redor dun taboleiro.

A actividade enmárcase dentro do programa de patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo que contempla a colaboración do CB Breogán na difusión do deporte e colaboración con outras entidades deportivas e de interese social.

Do parqué ao taboleiro de xadrez
Do parqué ao taboleiro de xadrez

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

RECHAZAR Aceptar Máis información