O equipo celeste xogará un torneo en Viana do Castelo
O Club Basquete Viana do Castelo é o organizador deste torneo internacional que acolle a dous dos mellores clubs lusos, FC Porto e Oliveirense, e conta coa participación galega de COB e Leite Río Breogán.
O cuadrangular consta de dúas semifinais o sábado día 7, e o domingo 8 xogarase a final e o partido polo terceiro e cuarto posto.
Os partidos xogaranse no Pavilhão Municipal de Monserrate (Viana do Castelo).
O sábado o COB e FC Porto veranse as caras ás 18 horas (hora portuguesa), e o Leite Río enfrontarase ao actual campión luso e ex equipo de Thomas de Thaey, o Oliveirense ás 21:00 horas (22:00 hora española).
O domingo xogarán os perdedores dos partidos do sábado ás 14:30h. E a final está prevista para as 17:00 horas (horario local de Portugal)
O organizador informa que a entrada será libre e so se pedirá unha contribución simbólica (1€) por partido para colaborar con el proxecto del Clube de Basquete de Viana.
Ademais está previsto que o adestrador do Leite Río Breogán, Diego Epifanio, participe nunha mesa redonda sobre baloncesto durante a mañá do domingo no Pavilhão Municipal de Monserrate na que estarán presentes técnicos dos catro equipos participantes.
