Dzanan Musa súmase ao Río Breogán

Compartir con

O aleiro bosnio de 2,06 e 22 anos conta con experiencia en NBA e Euroliga

O Río Breogán chegou a un acordo co aleiro bosnio Dzanan Musa para que vista de celeste na tempada 2021/22 no regreso do equipo lucense a Liga Endesa.

Formado nas categorías de base do seu país, no Kos Mostar, moi novo fichou polo KK Cedevita croata co que chegou a xogar partidos en Euroliga con 16 anos. A súa gran progresión, que acompañou con tres títulos de liga e tres de copas en Croacia, levoulle a ser elixido polos Brooklyn Nets en primeira rolda do Draft NBA en 2018 (o xogador internacional máis novo en ser elixido nesa primeira rolda). Cos Nets xogou dúas tempadas (4,3 puntos e 2 rebotes en 54 partidos), alternando co equipo de desenvolvemento da franquía (Long Island Nets) antes de ser traspasado a Detroit Pistons. En xaneiro de 2021 recala no Anadlu Efes turco, campión da última edición de Euroliga. Co equipo turco promediou 11,3 puntos e 3,5 rebotes en liga.

Como internacional defendeu a camiseta de Bosnia desde moi novo. Foi nomeado MVP do Campionato FIBA ​Europa U16 en 2015. Tamén xogou na Copa do Mundo U17 e a Eurocopa U18, e debutou co combinado nacional absoluto na fase de clasificación para o Eurobasket 2017.

Musa é un aleiro de gran envergadura e bo manexo de balón que conta con moitos recursos para anotar, tanto desde o lanzamento exterior como en penetración. O xogador manifestou a súa ambición por relanzar a súa carreira da man do Río Breogán no seu regreso a Liga Endesa.

Dzanan Musa súmase ao Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información