Dzanan Musa, Xogador Estrella Galicia de decembro

Compartir con

O xogador do Breogán recibiu o recoñecemento do patrocinador e afeccionados

A estrela celeste recibe o seu segundo galardón patrocinado por Estrella Galicia tras a votación de prensa e afeccionados. As súas actuacións durante o mes de decembro, promediando nada menos que 27,3 puntos, 7 rebotes, 5,3 asistencias e 34 de valoración, foi clave para que o Breogán sumase tres vitorias en catro encontros, mantendo ao equipo lucense en postos de Copa do Rey.

Con só 22 anos, Dzanan Musa é un dos xogadores destacados na presente edición de Liga ACB e gañouse o agarimo dos afeccionados co seu carisma e calidade.

Dzanan Musa, Xogador Estrella Galicia de decembro

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información