Dzanan Musa «Xogador Estrella Galicia» da tempada 2021/2022

Compartir con

Dzanan Musa «Xogador Estrella Galicia» da tempada 2021/2022

Tras unha campaña espectacular no que a estrela bosníaca do Breogán acumulou catro trofeos mensuais do patrocinador Estrela Galicia, a empresa cervexeira entregou o premio final ao xogador

Cunhas medias de 23,1 puntos, 5,1 rebotes, 6,5 faltas recibidas, 3,1 asistencias e 23 tantos de valoración, sumado a un carisma que lle fixo conectar coa bancada desde o primeiro minuto en Lugo, Musa recibiu numerosos recoñecementos aos que se suma o trofeo Xogador Estrella Galicia da tempada 21/22.

O internacional bosníaco con pasado NBA recolleu o trofeo: unha exclusiva reprodución dos tiradores de cervexa tradicionais de Estrella Galicia elaborado pola prestixiosa cerámica galega Sargadelos.

Musa agradeceu o recoñecemento a Estrella Galicia e aos afeccionados e, como fixo cos premios mensuais, lembrou que se trata dun recoñecemento ao traballo de todo o equipo, compartindo o éxito cos seus compañeiros tras unha tempada histórica.

Dzanan Musa «Xogador Estrella Galicia» da tempada 2021/2022
Dzanan Musa «Xogador Estrella Galicia» da tempada 2021/2022
Dzanan Musa «Xogador Estrella Galicia» da tempada 2021/2022

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información