E a Marea Celeste, segue subindo

Compartir con

Espectacular desprazamento de afeccionados do Cafés Candelas Breogán a A Coruña para apoiar ao equipo.

Familias completas,nenos, avós, grupos de amigos… un a un conformaron unha Marea Celeste de preto de 1.500 seareiros que se fixeron notar en Riazor.

E a Marea Celeste, segue subindo
E a Marea Celeste, segue subindo
E a Marea Celeste, segue subindo

Natxo Lezkano expresou o seu agradecemento na roldade prensa posterior e destacou que ningunha afección fai o que fai a do Breo: « Sentimos o seu apoio xa dende o vestiario », dixo.

Nin decepciones nin derrotas frean a esta marea que non deixa de subir. Aos que levan décadas seguindo o Breo, únense grupos de nenos dende idades moi temperás que xa teñen ao Breo entre as súas afeccións e, polo tanto, o deporte da canastra, cos seus valores de equipo,  como unha das súas referencias.

E a Marea Celeste, segue subindo

Trala derrota e tras animar durante máis de corenta minutos, o equipo ao completo rendeuse ante a súa afección.Unha enorme ovación e un cántico de ánimo atronador e emocionado, fixo dos instantes posteriores ao encontro un momento máxico, deses que so tendo dentro o sentimento, compréndese de verdade.

Queda moito por diante nesta tempada do 50 aniversario. Non sabemos  como rematará,pero sí sabemos que a Marea Celeste,segue a medrar.GRAZAS!

E a Marea Celeste, segue subindo
E a Marea Celeste, segue subindo
E a Marea Celeste, segue subindo
E a Marea Celeste, segue subindo
E a Marea Celeste, segue subindo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información