E chegou a terceira peña ao «Fogar de Breogán»

Compartir con

Esta tempada a grada do Pazo, e dos pavillóns a onde se despraza a Marea Celeste, contan cunha importante nova. Trátase da recén chegada Peña «Fogar de Breogán». Medio cento de breoganistas desta peña (e medrando) xa animan ao equipo celeste preto do seu cincuenta aniversario.

E chegou a terceira peña ao «Fogar de Breogán»

Como eles mesmos afirman, Fogar de Breogán nace coa vocación de disfrutar do breoganismo apoiando ao equipo e tamén ás outras dúas peñas máis veteranas: Peña Breogán e Peña Embreogados.

A nova peña Fogar de Breogán, presidida por José Antonio Valiña,  ten a súa base social no establecemento lucense La Norteña. Alí fan algunhas reunións, falan de básquet e o que cadre, e prepáranse para sufrir e gozar cos partidos no Pazo.

Entre os membros da nova peña hai breoganistas de sempre e xente que se enganchou máis recentemente a esta droga boa -e case sempre saudable- que é o Breo. Fórmana persoas de Lugo pero, a maioría son de localidades de toda a provincia, especialmente da Terra Chá. Moitos son de Cospeito ou de Castro Riberas de Lea, terra de orixe do CB do Lea, club feminino cuxas xogadores son integrantes tamén de Fogar de Breogán.

Para o Breogán é unha grande nova o nacemento dunha nova peña, e moi positivo saber que teñen en mente varias iniciativas que, de seguro, terán unha grande acollida entre a masa social celeste. Polo de pronto, queremos dar a benvida a Fogar de Breogán e agradecerlles o seu obxectivo de «facer equipo». Benvidos!

Podes coñecer mellor a nova peña en Twitter: @fogardebreo ou simplemente buscando na grada do Pazo.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información