Leonardo Demetrio reforza o xogo interior do Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O interior brasileiro de 2,04 m e 23 anos ten experiencia na liga tralo paso por Lleida

Leonardo Demetrio é un ala pívot versátil con boas pernas e capacidade de xogar aberto con bo lanzamento dende a liña exterior e capacitado para facer dano en penetracións e dende posicións próximas ao aro.

Trátase dun xogador xoven en plena progresión e que asinou no seu primeiro ano na categoría, con Força Lleida, unha media de 10,9 puntos (53,8% en tiros de dous, 36,5% en triplas e 52,7% en tiros libres), 5,6 rebotes en 34 partidos disputados co equipo catalán.

Demetrio ten experiencia internacional en tódalas categorías inferiores de Brasil (campión de Sudamérica Sub-17 e subcampión de FIBA Américas Sub-18Participau no Mundial Sub-19 de 2013.

O xogador brasileiro  tivo unha breve experiencia anterior co Fuenlabrada de ACB co que xogou tres encontros na máxima categoría en maio de 2016.

Traxectoria

Categorías inferiores. Minas (Brasil).
2012-13. Minas (Brasil). NBB.
2013-14. Minas (Brasil). NBB.
2014-15. Minas (Brasil). NBB.
2015-16. Minas (Brasil). NBB.
Maio 2016. Montakit Fuenlabrada(ACB)

2016/2017. Força Lleida (LEB Oro)

Demetrio fronte a Fakuade no partido da pasada tempada no Pazo (Foto: Pat Muñoz)
Demetrio fronte a Fakuade no partido da pasada tempada no Pazo (Foto: Pat Muñoz)
(Foto: Pat Muñoz)
(Foto: Pat Muñoz)
Leonardo Demetrio reforza o xogo interior do Cafés Candelas Breogán
Foto: Força Lleida
Foto: Força Lleida

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información