O Leite Río Breogán volve ao Pazo con vitoria (87-82)

Compartir con

O Leite Río Breogán volve ao Pazo con vitoria (87-82)

Los celestes superaron al Clínica Sur Aspasia Real Valladolid en un partido muy igualado

Importante vitoria do Leite Río Breogán que superou a fochanca que supón estar dez días sen actividade en pista debido ao confinamento, e a falta de ritmo competitivo derivado da situación. Os xogadores de Diego Epifanio superaron a falta de continuidade nalgúns momentos do choque con traballo e momentos defensivos de gran nivel, ante un equipo, o valisoletano, que chegaba a Lugo como o conxunto en mellor forma da liga con tres vitorias noutros tantos partidos.

Kevin  Larsen foi o xogador máis valorado dos celestes (23v.) achegando 16 puntos e 10 rebotes. Boa actuación do capitán Salva Arco no seu regreso tras a lesión con 15 puntos anotados. Destacan tamén os 12 puntos de  Sollazzo, os 12 de  Soluade e os 9 de  Kacinas que ademais capturou 11 rebotes.

A mala noticia é a lesión de Erik Quintela que tivo que saír do partido debido a unha  torcedura de nocello que será valorada polos médicos nas próximas horas.

Vitoria importante #ante medio centenar de espectadores no Pazo dos Deportes.

Victoria importante ante medio centenar de espectadores en el Pazo Dos deportes.

O Leite Río Breogán volve ao Pazo con vitoria (87-82)
O Leite Río Breogán volve ao Pazo con vitoria (87-82)
O Leite Río Breogán volve ao Pazo con vitoria (87-82)
O Leite Río Breogán volve ao Pazo con vitoria (87-82)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información