Ela dixo «si» e o amor triunfou no Pazo

Compartir con

Ela dixo «si» e o amor triunfou no Pazo

Unha parella de afeccionados quixeron ter ao Pazo como testemuña do seu compromiso

Tras máis dunha década de relación e moitas cousas en común como a súa afección polo Breo, Cristina e Tomás deron un paso moi importante nas súas vidas e xa pensan en voda.

Tomás Pérez dirixiuse ao club para contar a súa historia e a intención de sorprender á súa parella, Cristina Fernández, cunha pedida de man moi especial. Todo se puxo en marcha dun xeito case segredo, coa maior discreción para que fora unha verdadeira sorpresa para ela. Cristina recibía un mail do club para convocala a participar no concurso “Candelas co Breo” no que dous concursantes xiran arredor dun balón durante uns segundos e posteriormente, loitando co mareo, tratan de encestar para levar premios do patrocinador.

Os medios de comunicación eran avisados so uns minutos antes, algo especial ía acontecer no descanso entre cuartos.

Todo comezou con normalidade e cando os participantes comezaron a xirar, o speaker do Pazo mandou parar e nese momento entrou en pista, con micrófono en man, Tomás declarando o seu amor diante de máis de 3000 espectadores. De xeonllos pediulle dar o paso máis importante das súas vidas. Ela, dixo “si” sen pensalo, él entregou un anel que gardou con moitos nervios durante días. A ovación do Pazo foi especial, das que se lembran para sempre.

Máximus saltaba de emoción e non dubidou en fundirse nunha aperta cos xa prometidos.

Terremos voda breoganista. E no Breo, case nos sentimos como padriños. Parabéns parella!

Ela dixo «si» e o amor triunfou no Pazo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información