Elijah Brown ve a súa chegada ao Breo como unha oportunidade para medrar

Compartir con

Elijah Brown ve a súa chegada ao Breo como unha oportunidade para medrar

O xogador amosouse ilusionado ante o reto celeste

O Novo xogador celeste compareceu acompañado polo adestrador axudante Javier Muñoz. Brown destacou a “química” atopada no seu novo  club e a acollida desde o primeiro instante que lle brindaron tanto os compañeiros como o resto dos membros do club, o que está a facer a súa adaptación moito máis sinxela.

Describiuse como un xogador con grande potencial e disposto a traballar duro polo equipo e a súa chegada a Lugo considéraa como unha grande oportunidade para alcanzar a mellor versión que pode dar como xogador.

Brown non puido disimular un sorriso cando lle preguntaron polo ambiente do Pazo que xa puido comprobar no último partido na casa: «Transmiten moita enerxía. Foi moi emocionante ver o seu apoio. Temos que traballar duro para facer felices aos nosos afeccionados».

A presentación de Brown en El Progreso
A presentación de Brown en El Progreso
A presentación de Brown en La Voz de Galicia
A presentación de Brown en La Voz de Galicia

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información