Volve o trofeo que recoñece ao xogador máis carismático para os afeccionados celestes, na sua VI edición
--VOTA AQUÍ--
Voto das peñas
Cada unha das peñas (Peña Breogán, Embreogados, Fogar de Breogán e PeñaMaty´s) votará con 3, 2 e 1 puntos aos tres xogadores que consideren merecedores do premio, sendo 3 a puntuación máis alta e 1 a máis baixa.
Cada unha das peñas elixirá a forma en que levará a cabo a votación a nivel interno.
Cada peña remitirá o resultado da súa votación á dirección de correo electrónico prensa@cbbreogan.com antes das 23:59 horas do día 15 de xuño.
Voto xeral
O público en xeral tamén participará deste trofeo mediante unha votación na forma que o Club Baloncesto Breogán estableza. O xogador máis votado acadará 8 puntos, o segundo 5 puntos e o terceiro 3 puntos. Esta votación rematará o día 15 de xuño ás 23:59 horas.
Gañador
O gañador resultará de sumar os puntos de cada unha das peñas aos puntos obtidos no voto xeral.
Desempate
As peñas terán o voto de calidade en caso de empate.
Trofeo
O trofeo será entregado ns prolegómenos do encontro a celebrar en Lugo o día 17 de xuño de 2021
Gañadores anteriores edicións do Trofeo Julio Vila:
2014/2015: Osvaldas Matulionis
2015/2016: Pep Ortega
2016/2017: Matt Stainbrook
2017/2018: Emir Sulejmanovic
2018/2019: Volodymyr Gerun
2019/2020: -
2020/2021:
