Emir Sulejmanovic, unha tempada máis no Cafés Candelas

Compartir con

Acordo co Fuenlabrada para cesión do interior, outro dos heroes do ascenso celeste

O Cafés Candelas Breogán contará unha tempada máis co pivote Emir Sulejmanovic (23 anos, 2,05m.) tras chegar a un acordo co Montakit Fuenlabrada para que o xogador recale cedido unha temporada máis en Lugo, tras disputar toda a campaña do ascenso co equipo lucense antes de rematar a pasada tempada en ACB co equipo madrileño.

Sulejmanovic (Bosnio con pasaporte finlandés) xogou 26 partidos coa camisola celeste na tempada 2017/2018, sendo unha peza importante na consecución da primeira praza e o ascenso e aportando unha media de 11,4 puntos e 6,7 rebotes.

A contribución e o traballo de “Sule” na pista e fora dela convertérono nun dos xogadores referentes da afección breoganista, que terá a oportunidade de velo de novo defendendo as cores do seu equipo na máxima categoría do baloncesto nacional.

Emir Sulejmanovic, unha tempada máis no Cafés Candelas
Emir Sulejmanovic, unha tempada máis no Cafés Candelas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información