En marcha a segunda fase da Ampliación de Capital

Compartir con

En marcha a segunda fase da Ampliación de Capital

Pódense suscribir accións ata o 10 de xullo nas oficinas do Pazo, na O.P. de ABANCA en Praza Maior de Lugo ou de xeito online

Na Asemblea os accionistas deron o seu respaldo á emisión de 31.607 accións por un valor total de 512.981,61 euros (16,23 euros por título).

Á primeira fase, desde o 11 de maio ata o 10 de xuño, só poderán acudir os actuais accionistas da entidade, que teñen dereito a subscrición preferente. FASE COMPLETADA

Aqueles que agora teñan entre unha e cinco accións, poderán subscribir unha; os que dispoñan de seis a dez, terán dereito a comprar dúas; e os que conten con entre once e quince, terán posibilidade de adquirir tres.

Pola súa banda, os que teñan dezaseis ou máis accións no seu poder terán que efectuar dúas operacións: dividir entre cinco o número de títulos cos que conten e sumar unha acción ao resultado.

Na segunda fase, aberta a accionistas e público en xeral (dende o 11 de xuño ata o 10 de xullo)  poderán subscribirse as accións sobrantes da primeira fase.

O club animou ao pequeno accionista e a xente de todas as idades a que sumarse a esta campaña, como un paso adiante importante para a viabilidade da entidade celeste nos vindeiros anos.

Toda a información, consultas e suscrición de accións pódese facer nas oficinas do club no Pazo dos Deportes e na Oficina Principal de ABANCA en Lugo no fondo da Praza Maior.

Tamén se poden facer coinsultar por mail ou teléfónicamente no 982 231 050

Co obxectivo de facilitar a tarefa de subscrición, os interesado poden descarga os documentos adxuntos que deberám cumplimentar e, ou ben imprimilos e entregalos nas oficinas, ou ben no caso de ingreso en conta corrente, poderanse remitir por email achegando o xustificante de pago o enderezo da campaña de ampliación de capital.

a_BOLETÍN_SUSCRIPCIÓN_ACCIONES_PERSONA_FÍSICA.pdf b_BOLETÍN_SUSCRIPCIÓN_ACCIONES_MENORES_DE_EDAD.pdf
En marcha a segunda fase da Ampliación de Capital
En marcha a segunda fase da Ampliación de Capital
En marcha a segunda fase da Ampliación de Capital
En marcha a segunda fase da Ampliación de Capital

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información