Ao Breo sobroulle a segunda parte en Sarria ante un serio Obras Sanitarias (65-76)

Compartir con

Ao Breo sobroulle a segunda parte en Sarria ante un serio Obras Sanitarias (65-76)

Os celestes acusaron a falta de rodaxe e as baixas na primeira proba de pretempada

O Cafés Candelas amosouse superior a un potente Obras Sanitarias durante a primeira metade. Ao descanso chegábase cun 40-30 no marcador dun Novo Chanto que presentaba un aspecto espetacular na grada.

Unha escordadura sentaba a Alec Brown no banco e os celestes tiveron que afrontar o partido  sen o americano, que se sumaba ás baixas de Redivo, Norel e Úriz que non participaron debido a diversas molestias físicas.

O Obras Sanitarias saiu tralo descanso disposto a darlle avolta ao partido e logrouno apesar da resistencia celeste. Os arxentinos amosáronse moi serios eaproveitaron a superioridade física para remontar e acadar a vitoria final (65-76).

O equipo celeste buscará recuperar efectivos para pensar no Circuito Movistar de Tarragona.

 

Ao Breo sobroulle a segunda parte en Sarria ante un serio Obras Sanitarias (65-76)
Ao Breo sobroulle a segunda parte en Sarria ante un serio Obras Sanitarias (65-76)
Ao Breo sobroulle a segunda parte en Sarria ante un serio Obras Sanitarias (65-76)
Ao Breo sobroulle a segunda parte en Sarria ante un serio Obras Sanitarias (65-76)

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información