Breogán e SERFUJA presentan a experiencia PROAM

Compartir con

Unha iniciativa na que afeccionados e xogadores compartirán pista e vestiario

O Xerente de SERFUJA, Jorge Balado e o Director Xeral do CB Breogán, Javier Morandeira, presentaron a iniciativa social e deportiva PROAM que busca mesturar afeccionados con profesionais co baloncesto como fío condutor.

Os afeccionados que se inscriban e sexan seleccionados mediante sorteo na web oficial de Serfuja  asgandaras.gal  terán a oportunidade de compartir cos xogadores e técnicos do Cafés Candelas Breogán a rutina diaria do equipo: paso polo vestiario, preparación para o traballo, adestramento... compartido  pista e mesmo uns minutos de adestramento cos xogadores sobre o parqué do Pazo, para finalizar  repoñendo forzas cuns refrescos e petiscos xunto aos profesionais do equipo.

Todo isto será so unha parte do que Breogán e Serfuja teñen preparado: unha experiencia inesquecible para o afeccionado.

Breogán e SERFUJA presentan a experiencia PROAM

Na rolda de presa da presentación da PROAM tamén se confirmou a continuidade do apoio de Serfuja ao Breogán como un dos patrocinadores que levan xa varias tempadas e que buscan permanecer no tempo non so como anunciantes, sino tamén como dinamizadores do entorno social do club.

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información