Christian Díaz únese ao Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O base canario procedente do COB (25 anos, 1,85m) vestirá a celeste na tempada 2017/2018

Christian Díaz avanza co balón no partido do Pazo da pasada tempada. Foto: Pat Muñoz
Christian Díaz avanza co balón no partido do Pazo da pasada tempada. Foto: Pat Muñoz

O Club Baloncesto Breogán e o xogador Christian Díaz Rodríguez chegaron a un acordo mediante o cal o base xogará no Cafés Candelas ás  ordes de Natxo Lezkano a vindeira tempada.

Díaz coñece ben a categoría na que defendeu as cores do Palma, Navarra, Huesca ou o COB en dúas tempadas: a 14/15 na que o equipo ourensá impuxérase nunha inesquecible final polo ascenso ao propio Breo, e a pasada16/17 na que foi un dos xogadores máis destacados do conxunto galego, promediando 10,5 puntos, 2,7 rebotes e 4,2 asistencias.

Christian Díaz ante Franch no partido do Pazo da pasada tempada. Foto: Pat Muñoz
Christian Díaz ante Franch no partido do Pazo da pasada tempada. Foto: Pat Muñoz

Christian Díaz destaca pola súa velocidade no xogo e poder de anotación (38,8% de acerto en tiros  de 3 puntos na pasada liga regular).

Na pasada tempada destacou pola capacidade de marcar o ritmo dos encontros, sendo peza clave para a clasificación do  COB para o play off de ascenso.

Christian Díaz únese aos xa confirmados Sergi Quintela, Matt Stainbrook e Ricardo Úriz para  o Cafés Candelas 2017/18.

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información