Dago Peña, un bombardeiro toma terra no Leite Río Breogán

Compartir con

Dago Peña, un bombardeiro toma terra no Leite Río Breogán

O equipo celeste ficha ao aleiro internacional dominicano de 1,98 m. e 31 anos

Dagoberto Miguel Peña Rincón (Santo Domingo, 14/06/1988) é un aleiro con recoñecida traxectoria tanto en ligas centroamericanas e suramericanas, como en España.

Formado na Universidade Marshall (NCAA), pasou por ligas de Uruguai, República Dominicana, Colombia, Arxentina ou Venezuela antes de cruzar o Atlántico para vestir a camiseta do Leyma Básquet Coruña, onde asinou unha etapa brillante.

Na súa primeira tempada en en Leyma, Peña achegou 10 puntos e 3 rebotes de media en 9 partidos de liga regular e 10 de play off onde o equipo laranxa alcanzou a semifinal tras superar en cuartos ao CB Breogán.

Na súa segunda tempada en LEB asinou unhas porcentaxes de 59,4% de acerto en tiros de 2 puntos e 50,9% en tiros de 3 co Leyma en 21 partidos e rematou a tempada no FC Barcelona con números estelares que axudaron á impresionante remontada do filial azulgrana pola salvación (17,5 puntos, 64% T2, 37,1% T3, 4,1 rebotes e 2,3 asistencias en 12 partidos).

A súa gran tempada valeulle para ser incluído no quinteto da liga e para chamar a atención de equipos de Liga Endesa á que deu o salto da man do Movistar Estudantes co que xogou tamén competición europea (Basketball Champions League).

Tras o seu paso por ACB e a súa experiencia na liga lituana co KK Pieno žvaigždės, o aleiro defenderá a camiseta do Leite Río Breogán.

Xogador intelixente e anotador compulsivo, Peña é un exterior con físico privilexiado, rápido e atlético, e conta con gran capacidade de achegar puntos tanto desde máis aló da liña de tres puntos, como desde posicións máis próximas ao aro.

O novo xogador celeste é bo asistente e domina o xogo de 1x1 e o seu físico permítelle contribuír en rebote e defensa.

Na súa etapa universitaria en NCAA foi elixido mellor sexto home da Conferencia USA na tempada 2009/10, e como internacional absoluto con República Dominicana logrou o Bronce no Centrobasket 2016 de Panamá.

Chega ao Leite Río Breogán un xogador espectacular e contrastado, que fará gozar á afección celeste. Benvido!

 

TRAXECTORIA
High School. Charlotte (Florida, EE. UU.).

2008-09. Marshall (Estados Unidos). NCAA.

2009-10. Marshall (Estados Unidos). NCAA.

2010-11. Marshall (Estados Unidos). NCAA.

2011-12. Marshall (Estados Unidos). NCAA.

2012-13. Maldonado (Uruguai). LUB.

2013. Plaza de Fernando Valerio (República Dominicana). Santiago League.

2013. Leones de Santo Domingo (República Dominicana). LNB.

2013. Academia de la Montaña (Colombia). LNB.

2014. Academia de la Montaña (Colombia). LNB.

2014. Cafeteros de Armenia (Colombia). LNB.

2014-15. Centro Juventud Sionista de Paraná (Arxentina). LNB. Chega ao equipo en decembro

2015. Guaiqueríes de Margarita (Venezuela). LPB.

2015. Soles de Santo Domingo (República Dominicana). LNB.

2016. Metros de Santiago (República Dominicana). Liga das Américas. 2015-16. Leyma Basquet Coruña. LEB Oro. Chega ao equipo en febreiro

2016-17. Leyma Coruña. LEB Oro.

Febreiro 2017. FC Barcelona Lassa B. LEB Oro.

2017-18. Movistar Estudantes. Liga Endesa e Basketball Champions League.

2018-19. Movistar Estudantes. (Ata Novembro) e KK Pieno žvaigždės (Lituania)
 

INTERNACIONALIDADE:

2005. República Dominicana. Centrobasket Sub19, (República Dominicana). Prata

2016. República Dominicana. Centrobasket, en Panamá. Bronce

2017. República Dominicana. FIBA AmeriCup, en Montevideo (Uruguai).

Nov. 2017. República Dominicana. Fase de clasificación Copa do Mundo 2019.
Feb. 2018. República Dominicana. Fase de clasificación Copa do Mundo 2019.
Xun. 2018. República Dominicana. Fase de clasificación Copa do Mundo 2019.
Feb. 2019. República Dominicana. Fase de clasificación Copa do Mundo 2019.
 

PALMARÉS

2005. República Dominicana. Centrobasket Sub19, en Santiago de los Caballeros (República Dominicana). Prata

2009-10. Marshall (Estados Unidos). NCAA. Mellor Sexto Xogador da Conferencia USA 2013.

Academia da Montaña (Colombia). LNB. Subcampión 2015.

Cafeteiros de Armenia (Colombia). LNB. Líder en anotación (24,6) 2016. República Dominicana. Centrobasket, en Panamá. Bronce

2016-17. Leyma Coruña/ FC Barcelona Lassa B. LEB Oro. Quinteto ideal da tempada.

 

ACB Foto
ACB Foto

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información