Fagamos que volva soar a vella música!

Compartir con

Unha tempada de cine na que non pode faltar un flashback ao Breo dos 80

Un vídeo que homenaxea á historia celeste lembrando a obra de Mario Camus «La Vieja música», rodado en Lugo nos anos 80 co Breo como un extra moi especial. Alí estaba Federico Luppi encarnando ao adestrador Martín Lobo, un posto no que actúa Diego Epifanio. Tamén Tito Díaz, daquela base do equipo, segue sendo vínculo con aquel Breo.

Unha charla sobre o baloncesto e a vida. O son das zapatillas sobre o parqué. Xogadores dos 80 asistindo aos novos xogadores celestes... os tambores da Peña Boinas e Zocas retumban como precursores das actuais peñas...

Homenaxe con analepse ao breoganismo histórico, ao cine, ao vello Municipal, a tódolos que seguen o Breo dende sempre e aos que chegan agora, e tamén unha lembranza para os que xa non están e que axudaron a escribir este gran guión que é a nosa historia.

Chega de novo a hora do Pazo, da afección e de seguir adiante, coma se fai de celeste dende hai mais de medio século.

Entre todos, toca facer soar a vella música.

ABÓNATE AO LEITE RÍO BREOGÁN

Fagamos que volva soar a vella música!

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información