Iago Castro, adestrador asistente do Leite Río Breogán

Compartir con

Completará o trío de adestradores encabezado por Diego Epifanio e con Javier Muñoz

Iago Castro Martínez (Lugo 1995) é un adestrador que a pesar da súa xuventude conta cunha ampla experiencia no baloncesto de en diversas categorías.

Procedente do equipo asturiano ADBA de Liga Feminina 2, Iago Castro é adestrador Superior FIBA e Técnico Deportivo Superior especializado en baloncesto. Conta con formación como Mestre e especialízase en Psicoloxía Deportiva, exercendo como profesor en cursos de formación de técnicos en baloncesto.

No seu historial consta o seu traballo con equipos de base e sénior, tanto en clubs como CB Sarria ou Estudantes Lugo, como en diversos combinados da Federación Galega de Baloncesto.

Damos a benvida a un novo membro do equipo que traballará ás ordes de Diego Epifanio no novo proxecto celeste.

Iago Castro, adestrador asistente do Leite Río Breogán

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información