O Breogán homenaxeará aos seus aboados máis veteráns

Compartir con

Recibirán o cariño da «súa» afección no descanso do partido do sábado no Pazo.

Son moitos os que levan seguindo ao Breogán durante décadas, e moitos tamén os que foron sumándose a esta paixón ao longo dos últimos anos. Maiores e novos forman parte dunha espectacular marea  que leva o celeste moi dentro.

De xeito simbólico, e pensando naquelas persoas de máis avanzada idade, independentemente de a qué altura da nosa historia se sumaron ao breoganismo, que manteñen a ilusión polo seu equipo coa mesma ou máis intensidade que calquera aboado de categoría Baby ou xoven, o club homenaxeará a tres dos seguidores máis lonxevos.

Saltarán a pista a xa popular pola súa simpatía e actividade ,mesmo nas redes sociais, Olga Ulloa. Tamén estará Dona María josefa Rubiás, tamén incondicional, e nada, igual que Olga, alá polos anos 30, cando aínda quedaba moito para que o Breogán fora unha realidade. E tamén agradeceremos a súa fidelidade a D. José Martínez Luaces, que a piques de cumprir 98 anos segue sendo un habitual dos partidos a pe de pista.

Eles tres serán os que sairán e recibirán o recoñecemento, pero sempre en representación de todos aqueles que coa súa experiencia gañada cos anos, poden dar máis dunha lección de vida, e ensinarnos, cando menos, a chegar con eses sorrisos a esa idade “a pesares”  de sufrir esta paixón que máis dunha cana pinta cada tempada nos maltreitos e entregados corazóns breoganistas.

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información