O Breoganismo recoñeceu a unha lenda do BALONCESTO

Compartir con

Foto: @manuboutureira
Foto: @manuboutureira

Juan Carlos Navarro recibiu a homenaxe dun Pazo en pé

Un dos mellores xogadores de baloncesto de sempre pisou o parqué do Pazo dos Deportes onde noutros tempos fixo sufrir como rivais aos milleiros de afeccionados que, nesta ocasión, déronlle a mellor das ovacións.

A orixe familiar de Juan Carlos Navarro na provincia de Lugo (Pole e Meira) e os numerosos amigos que conserva en Lugo onde pasa parte das súas vacacións dende sempre, sumado ao que significa como lenda do baloncesto, foron causas máis que suficientes para un recoñecemento en pé dos amantes da canastra en Lugo.

O presidente do CB Breogán entregou en nome do breoganismo unha camiseta celeste reprodución cerámica da Mosquera (a coñecida torre arcada da Murala Romana de Lugo) sobre unha base de madeira na que se podéri ler: “grazas polo teu BALONCESTO”.

A peza ten o valor engadido de ser elaborada artesanalmente polo persoal de ASPNAIS.

O aplauso atronador do Pazo foi, ademais dunha merecida homenaxe, unha demostración do amor polo deporte da canastra do que Juan Carlos Navarro foi, é e será sempre, un embaixador de luxo.

Foto: @manuboutureira
Foto: @manuboutureira

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Aceptar Más información