A Asamblea da Asociación de Clubs aprobou por unanimidade o ingreso do club celeste
O Breogán xogará en Liga Endesa a temporada 2018/19 tras ser aprobada pola Asamblea celebrada en Barcelona hoxe luns 16 de xullo.
Certifícase así un ascenso acadado nas canchas e que, tras a presentación en tempo e forma de tódala documentación e achegas económicas esixidas pola ACB, leva ao equipo lucense a xogar na máxima categoría tras doce tempadas en LEB.
Ademais, na Asamblea, confirmouse tamén o ascenso do Baxi Manresa que se proclamara gañador do play off de ascenso.
Tanto Breogán como Manresa presentaron a documentación e pagos precisos en tempo e forma sendo aprobadas as xestións polos auditores e apropia ACB, que votou en Asamblea de xeito unánime.
Dous históricos da Liga Endesa ACB
O regreso a Liga Endesa do Cafés Candelas Breogán 2018-19 e do BAXI Manresa supón a volta á competición de dous clubs históricos que acumulan 2.174 partidos na elite do baloncesto español ao longo da súa historia.
O Cafés Candelas Breogán é o 12º club no taboleiro histórico con 760 encontros, produto de 156 en Liga Nacional e 604 en ACB.
O BAXI Manresa é o sexto club con máis partidos (1.414) entre Liga Nacional (344) e ACB (1.070) sendo un dos sete clubes que se ha proclamado campión de liga 20 anos atrás.