O Breogán e a Marea Celeste, lanzados nas redes sociais

Compartir con

O interese polo equipo celeste non deixa de medrar nas principais redes sociais.

Franch lanza a canastra nun adestramento no Pazo
Franch lanza a canastra nun adestramento no Pazo

Os datos colocan ao Breo entre os clubes destacados a nivel nacional, superando en varios rexistros a equipos ACB.

Milleiros de seguidores e, o que é máis iportante, seguidores moi activos, son os que interactúan a diario coas contas oficiais do CB Breogán. Twitter, Facebook, ou Instagram son puntos de encontro para afeccionados que se informan, debaten ou resolven as súas dúbidas a través dos seus dispositivos e mantéñense e contacto coa actualidade do seu equipo.

A platafoma Deportes y Finanzas, espacializada en gestión e estatística deportiva, publica periódicamente rankings de seguimento e interación entre os que a conta de Twitter @CBBreogan aparece entre as máis destacadas do baloncesto nacional.

A última publicación destaca a actividade e número de mecións en Twitter o día de partido. A conta do CB Breogán aparece situada en 13º posición so superada por equipo ACB e superando a varios desa categoría e sendo a conta máis mencionada de tódolos equipos LEB.

En canto ás interaccións totais, a conta @cbbreogan duplica a actividade do segundo clube no ranking da súa categoría, e compita entre os equipos ACB, superado so por seis deles.

Estes datos son un xeito máis de demostrar que, non so na grada do Pazo onde nunca falla, a afección breoganista mantén a paixón polo seu equipo tamén no eido dixital.

Dende CB Breogán agadecemos a tódolos seareitos o seu iterés polo día a día –tamén nas redes- dun club que,  50 anos despois do seu nacemento, mantense máis vivo que nunca grazas á mellor afección.

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Aceptar Más información