Paco García recibiu a homenaxe do Universitario

Compartir con

Unha nova e sentida ovación con motivo dos #50anosdeBreo

Paco García recibiu a homenaxe do Universitario

O técnico que máis partidos dirixiu nos primeiros 50 anos de historia breoganista saltou ao parqué dun Pazo que dedicou unha sonora ovación en recoñecemento ao  seu traballo e contribución neste primeiro medio século celeste.

O adestrador, que estivo acompañado pola súa familia e presenciou o partido no palco do Pazo, agradeceu emocionado o cariño do público, saudou ás ducias de amigos que ten no entorno do Breo, recibiu unha placa en lembranza de mans do presidente Jesús Lázare, e achegouse á grada para dar un sentido abrazo ao que foi o seu axudante Lisardo Gómez.

Unha homenaxe por moitos anos de traballo a un adestrador que agrada considera sen dúbida “Un dos nosos”.

 

Paco García recibiu a homenaxe do Universitario
Paco García recibiu a homenaxe do Universitario
Paco García recibiu a homenaxe do Universitario

Tralo encontro, Paco mantivo unha animada charla  co actual adestrador, Natxo Lezkano, na que seguro  comentaron a experiencia única de dirixir a un histórico, un no pasado no que acadou éxitos como o ascenso ou copa Príncipe,e  outro, na actualidade, coa oportunidade de pasar tamén á historia con éxitos que están por chegar.

Paco García recibiu a homenaxe do Universitario

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Aceptar Más información