Quique Fraga, director deportivo do CB Breogán

Compartir con

O presidente do club presentou a nova función dun home da casa

Enrique Fernández Fraga pasa a dirixir a área deportiva na que traballará cóbado con cóbado co adestrador Natxo Lezkano e o resto do persoal técnico.

O novo director deportivo xa desempeñou nas últimas tempadas varias funcións na área técnica como adestrador axudante, responsable de scouting e mesmo primeiro adestrador no tramo final da tempada 2015/2016.

O club aposta así por confiar polo persoal que traballou para levar o equipo ao ascenso para encarar unha nova e ilusionante etapa en Liga Endesa.

O traballo de Quique Fraga e o seu equipo céntrase en pechar as incorporacións que formen o plantel co que o Cafés Candelas Breogán competirá na campaña 2018/2019.

Quique Fraga, director deportivo do CB Breogán

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Aceptar Más información