Romaric Belemene, novo xogador do Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O club lucense e o xogador formado na canteira de Unicaja Málaga chegaron a un acordo para que o exterior congoleño vista a celeste na nova etapa en Liga Endesa

Judicaël Romaric Belemene Dzabatou é un xogador xoven (Pointe-Noire, República do Congo, 19 de febrero de 1997, 21 anos) que destaca polo seu físico.

O novo xogador celeste é un aleiro de 2,02 m. que pode alternar coa posición de “catro”, posúe unha grande potencia física e destaca como defensor moi intenso con capacidade de rebotear e de axudar con solvencia no rebote de ataque.

Formado na canteira de Unicaja Málaga, Belemene debutou moi novo en Liga Endesa na campaña 2014-15 da man do equipo malagueño e volvía á máxima categoría na 2016-17 co ICL Manresa.

Na tempada 2017-18, Belemene xogou cedido no Unión Financiera Oviedo onde promediou 9,2 puntos e 4,4 rebotes.

TRAXECTORIA:

2011-12. Unicaja. Cadete.

2012-13. Unicaja. Junior.

2013-14. Unicaja. Junior e EBA.

2014-15. Instituto de Fertilidad Clínicas Rincón. LEB Oro. Disputa 4 partidos con Unicaja en Liga Endesa

2015-16. Instituto de Fertilidad Clínicas Rincón. LEB Plata. Disputa un partido con Unicaja en Liga Endesa

2016-17. ICL Manresa. Liga Endesa.

2017-18. Unión Financiera Oviedo (LEB Oro)

Romaric Belemene, novo xogador do Cafés Candelas Breogán

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información