Salva Arco permanecerá unhas semanas de baixa por lesión

Compartir con

O xogador do Cafés Candelas Breogán sofre unha rotura do ligamento tibio-peroneo anterior da súa perna dereita

Salva Arco retirábase durante o partido do Circuíto Movistar que o Cafés Candelas Breogán disputou ante Kirolbet Baskonia tras un choque fortuíto cun xogador rival e que derivou na lesión da que se recupera.

Tras as diversas probas realizadas diagnosticouse unha rotura do ligamento tibio-peroneo anterior que lle manterá afastado das canchas durante un período aproximado de catro semanas dependendo da súa evolución.

Salva Arco recupérase con tratamento específico de fisioterapia baixo a vixilancia do equipo médico do club e con traballo físico específico.

Salva Arco permanecerá unhas semanas de baixa por lesión

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Aceptar Más información