Tarde de «Seareiros do Miño» en Lugo con fútbol e Basket

Compartir con

Os aboados do Cafés Candelas poderán acudir ao CD Lugo – SD Huesca por 5€

Como acontecera a anterior xornada no partido do Cafés Candelas no que un bo número de seareiros do CD Lugo aproveitaron a oferta e acudiron a gozar do partido no Pazo, o club albivermello abre a posibilidade, na xornada do vindeiro sábado, de que os aboados do Cafés Candelas Breogán poidan retirar unha entrada para asistir a o importante encontro que se disputará no Anxo Carro (18:00 horas) ante SD Huesca.

Os afeccionados ao deporte lucense poderán así aproveitar unha intensa tarde con dous auténticos partidazos. (CD Lugo- SD Huesca ás 18:00 horas e o Cafés Candelas- Araberri ás 20:15 horas).

As entradas coa oferta  de a 5€ para asistir ao futbol,  estarán á venda nas oficinas do Anxo Carro (10 a 14 e de 16:30 a 20:30 horas) e na tenda oficial CDLU Store (10:30 a 14 e de 16:30 a 20 horas).

ADEMAIS os nenos e nenas que merquen a entrada para asistir ao CD Lugo, terán entrada gratuita ese mesmo día en XUVENLUGO no Pazo de Feiras!

 BÁSQUET PARA AGASALLAR

Ademais, os aboados do Cafés Candelas poderán mercar en taquilla do Pazo, presentando o seu carné, unha entrada por 5€ para levar a quen queiran ao partido do sábado. Esta oferta estará dispoñible tamén nos partidos de decembro (día 28 ante FC Barcelona B e día 30 no derbi ante o COB).

Tarde de «Seareiros do Miño» en Lugo con fútbol e Basket

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información