Tecendo Redes: Xornada conmemorativa con colectivos e asociacións

Compartir con

O luns 26 a partir das 11:30 horas na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo

O CB Breogán, co patrocinio da Deputación de Lugo, leva adiante un amplo programa  de colaboración con diversas entidades benéficas, asociación de carácter social e outros colectivos de interese público. O club busca establecer unha “rede” de traballo na que tódalas partes teñan o seu protagonismo e unha maior visibilidade social.

O luns 26, unha ampla representación deses colectivos  pasarán pola Sala de Exposicións da Deputación Provincial (Pazo deSan Marcos) onde, coa colaboración da Rede Museística Provincial, permanece aberta a exposición «50 anos de Breogán». Os asistentes realizarán un percorrido pola mostra e asistirán a unha charla proposta por Encarna Lago, Xerente da rede Museística, co título «As Redes  como xeradoras de cambio social».

Trátese dunha  cita para a posta en común dos  valores que identifican ao traballo a favor da sociedade que desenvolven tódalas partes implicadas, e para o recoñecemento da imprescindible labor que exercen cada unha delas.

Tecendo Redes: Xornada conmemorativa con colectivos e asociacións

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información