Travis Nelson, peza interior para o Cafés Candelas Breogán

Compartir con

Travis Nelson, de nacionalidade americana, asinou contrato con Cafés Candelas Breogán para a Tempada 2015-16. Nelson é un xogador de 2,08 m. e 110 kg. con experiencia en Europa, mobil e con capacidad de intimdación e de aportación ofensiva. FICHA TRAVIS NELSON

Travis Nelson, peza interior para o Cafés Candelas Breogán

O xogador nado no ano 1987 mide 208 cm e pesa 110 kilogramos e ven de xogar co equipo finés Nilan Bisons Loimaa na "VTB liga",  onde promediou 11 puntos e 4 rebotes,  e na liga doméstica onde promediou 14 puntos e 6 rebotes.

Comenzou a súa carreira en Europa tras o seu paso  de duas tempadas pola universidades de Wyoming (NCAA): 30 games: 7.3ppg, 2.6rpg, 1.0bpg,  e logo dous máis ca   Minn.St.-Mankato(NCAA2) onde rematou o segundo ano con 16.1ppg, 5.8rpg,

No ano 2010 comenza a súa andadura europea na liga Inglesa Marshall Milton Keynes Lions onde remata a liga con 19.9 puntos de media. O ano seguinte en Eslovenia, onde será máximo anotador con 17.5 puntos e 6.8 rebotes.

xogara dende a tempada 2012-2014 en Chequia  BK JIP Pardubic antes de asinar na Liga finesa a derradeira tempada.

O adestrador do equipo, Lisardo Gómez,  sinala que "Tratase dun xogador físico con unha traxectoria de 5 tempadas en Europa, moi móbil para súa estatura, que corre ben o campo, e capaz de aportar moitas cousas ofensivamente. Cun bo tiro libre . A nivel defensivo moi activo e con capacidade de intimidación."  

O xogador incorporarase o longo da semana os adestramentos do equipo

Nelson.pdf

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información