Un partido no que vencemos todos

Compartir con

O Breo estivo presente no encontro pola integración no Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Un escenario moi especial, o Pavillón Municipal de Lugo, onde se iniciou a historia breoganista, acolleu un partido de baloncesto moi especial con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Un equipo de ASPNAIS (Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo), recibiu a outro formado por membros da Fundación “EU SON” de Burela no que foi toda unha homenaxe  á deportividade á integración e o deporte. As gradas do Municipal rexistraron unha espectacular entrada e entre o público non faltaron xogadores do Breogán como Ricardo Úriz ou Hervé Kabasele, que seguiron o encontro con interese e baixaron a pista par saudar aos deportistas e fotografarse para inmortalizar unha cota tan especial.

Tampouco faltou a mascota do Breo Máximus, que foi un grande animador da cita.

Dende o Breogán queremos felicitar a ASPNAIS e á Fundación EU SON pola iniciativa animalos a que sigan con a súa espectacular labor facendo equipo pola integración.

Un partido no que vencemos todos
Un partido no que vencemos todos
Un partido no que vencemos todos
Un partido no que vencemos todos
Un partido no que vencemos todos
Un partido no que vencemos todos
Un partido no que vencemos todos
Un partido no que vencemos todos
Un partido no que vencemos todos
Un partido no que vencemos todos

Youtube

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Rechazar Aceptar Más información