Hoxe venres ás 20:45 h. dará comezo o primeiro derbi en LEB entre o Cafés Candelas e o Marín PeixeGalego.
Os visitantes, recén chegados á categoría, asinaron un bo arranque de campionato pero a súa irregularidade levouno a navegar pola parte baixa da táboa na decimo quinta posición con tres vitorias tras vencer a Melilla, Cáceres e Huesca.
Non exento de calidade, o plantel do PeixeGalego conta co vello coñecido polos celestes Emilio Oubiña (que en principio está descartado hoxe por lesión ), e con xogadores contrastados como Jason Cain, Javi Múgica, Andrés Miso, Mario Cabanas, Simeón ou Homs. O irregular rendemento do equipo en canto a resultados das últimas xornadas non debe facer esquecer a potencialidade deste plantel que chegará a Lugo con gañas de asaltar o Pazo.
No encontro de hoxe daremos por tanto a benvida á categoría a un equipo con moita tradición no traballo do baloncesto de base en Galicia e que saborea por vez primeira a segunda categoría do baloncesto español. Nos prolegómenos do encontro soará o Himno de Galicia como é xa tradición nos derbis.
No descanso haberá homenaxe ao lembrado Julio Vila, falecido presidente da Peña Breogán e carismático afeccionado celeste. Será o seu fillo o encargado de representar ao lembrado e querido Julio.
Na xornada de hoxe seguen á venda as entradas da campaña «Seareiros do Miño» pola que os aboados do CD Lugo e Breo poderán retirar unha entrada por 5€ para asistir ao partido.
A taquilla do Pazo abrirá unha hora antes do partido que dará comezo ás 20:45 horas.
As entradas non bonificadas pola oferta Terán os presos habituais de 15€ para sénior, 10€ para estudantes menores de 25 anos e persoas maiores de 65; e 5€ para os menores de 18 anos.