Estado físico do equipo

Compartir con

Varios xogadores sofren molestias leves e Vidal e Norel pasaron por quirófano

Vidal: O xogador pasou por quirófano en Hospital POLUSA o pasado venres para solucionar os seus problemas de menisco. Traballa xa con fisioterapia para a recuperación.

Norel: Viaxou ao seu país onde foi intervido de novo no seu xeonllo para solucionar unhas molestias que apareceron no seu regreso ao traballo. Comezará alí a súa recuperación e viaxará a Lugo para continuar traballando cos fisioterapeutas e preparador físico do Breogán.

Ochefu: Un edema óseo na tibia apartouno do traballo nos últimos días. Realiza exercicios á marxe e cos físios coa intención de retomar o traballo en pista os vindeiros días. A súa participación no partido de Valencia é dubidosa.

Sulejmanovic: O interior sofre unha escordadura que sufriu no adestramento do martes. Non reviste gravidade e poderá volver ao traballo tras un día de descanso.

Löfberg: Unha escordadura sufrida no partido ante o Real Madrid obrigoulle a permanecer parado no inicio de semana. Agárdase que se reincorpore con normalidade ás sesión de traballo dende o mércores.

Úriz: O base xa traballa con normalidade co resto do equipo.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información