Este venres 30 ábrese a venda de entradas para o derbi con prazo preferente para aboados

Compartir con

O Río Breogán recibe a Monbus Obradoiro o 7 de xaneiro (18:00h)

Desde as 12:00 horas do venres 30 de decembro, na web cbbreogan.com, estarán á venda entradas para o derbi galego. Os aboados do Río Breogán, que entrarán co seu abono ao non tratarse de día do club, terán un prazo preferente para mercar entradas para as persoas que desexen, identificándose na taquilla web cos datos de abono (en caso de abono familiar cos datos do carné “principal”) tendo acceso a un máximo de 10 entradas na súa compra.

Este prazo preferente para aboados rematará ás 13:00 horas do día 5 de xaneiro e as entradas restantes, venderanse ao público xeral desde as 16:00 horas do propio día 5 de xaneiro.

Os prezos serán os habituais de taquilla: 25€ para adultos e 15€ para menores de idade en gradas laterais, e 20€ e 10€ nos fondos.

Este venres 30 ábrese a venda de entradas para o derbi con prazo preferente para aboados

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

RECHAZAR Aceptar Máis información