Este venres volve a mítica Peña Boinas e Zocas

Compartir con

Con motivo dos 50 anos celestes farase unha homenaxe  a aquel grupo de afeccionados que animaba no vello Municipal

Unha pancarta da Peña presidía unha das gradas do Municipal / Foto PEINÓ
Unha pancarta da Peña presidía unha das gradas do Municipal / Foto PEINÓ

Coa colaboración especial da Banda de Música Municipal de Rábade, que recuperará algúns dos sons que máis se escoitaban no inesquecible Municipal das Costas do Parque Rosalía, os asistentes ao derbi deste venres no Pazo (20:45 horas) poderán revivir – os máis veteráns- e coñecer - os que non tiveron a sorte de vivilo-,  unha pequena parte daquel ambiente que en tanta xente esperta a morriña.

Haberá tempo antes e durante o partido para que a banda de Rábade toque diversas pezas, e no descanso, membros daquela coñecida peña, saltarán ao parqué para recibir o recoñecemento que a memoria do breoganismo lles debe. 

A Peña Boinas e Zocas gañou o cariño da afección lucense e segue a ser lembrada non so pola animación cargada de cánticos, senón tamén polo seu senso do humor que aplicaban a cada polémica suscitada polas rivalidades con outros equipos ou mesmo cos árbitros.

O Municipal, escenario de grandes citas celestes / Foto PEINÓ
O Municipal, escenario de grandes citas celestes / Foto PEINÓ

As crónicas refiren a chegada a Lugo de José Luis Torrado «O Bruxo» como punto de partida da peña Boinas e Zocas grazas á súa popularidade e amizade cun amplo grupo de amantes do baloncesto en Lugo. Nomes como Melle, Tolón, Abuín, Felpeto, Fanego, Latorre, Peinó , Xabier, Suso Fernández, Suso de La Torre, Salgado, Victor, José Luis Chao e moitos outros figuran entre os que deron vida a unha Peña habitual nos desprazamentos, precursores da Marea Celeste.

A boina, símbolo da Peña Boinas e Zocas, indumentaria habitual na grada / Foto PEINÓ
A boina, símbolo da Peña Boinas e Zocas, indumentaria habitual na grada / Foto PEINÓ

Acontecementos como o de Oximesa, ou os ascensos e descensos, foron asumidos con maior ou menor dramatismo pero o que nunca faltou na Peñá Boinas e Zocas foi o sentido do humor. Pouco despois do caso Oximesa celebrouse o entroido e a peña non dubidou en aproveitar a temática. Non faltaron disfraces de xogadores de ámbolos dous equipos implicados, a representación da polémica canastra en plena Praza do Campo, axentes da autoridade, políticos ou mesmo nomeados xornalistas de fama nacional. A peña Boinas e Zocas atopou e paseou un disfraz de cada un dos implicados.

Parodia de entroido do caso Oximesa / Foto PEINÓ
Parodia de entroido do caso Oximesa / Foto PEINÓ

Tamén é moi lembrada a celebración dun ascenso con un paseo en burro pola Muralla Romana, idea da peña, a introducción dalgún animal maís ou menos doméstico no pavillón -algo impensable hoxe en día-  así como a parodia das carreiras de cabalos, con disfraz dejóckey e cabalos de cartón incuidos, debido a unha polémica pola interrupción habuitual das tretransmisións de partidos para dalos resultados das quinielas hípicas.

Un burro dentro do Municipal / Foto PEINÓ
Un burro dentro do Municipal / Foto PEINÓ

Centos son as anécdotas que poden contar os membros da peña que seguen a facer xuntanzas peródicas para lembrar os vellos tempos.

Este venres será a oportunidade de velos de novo en acción e co apoio da banda Municipal de Rábade e das novas peñas, o Pazo será de novo unha festa.

Xuntanza nas casetas do polbo en San Fooilán de membros da Peña Boinas e Zocas / Foto PEINÓ
Xuntanza nas casetas do polbo en San Fooilán de membros da Peña Boinas e Zocas / Foto PEINÓ
Membros da Peña Boinas e Zocas nunha xuntanza de 2005 / Foto PEINÓ
Membros da Peña Boinas e Zocas nunha xuntanza de 2005 / Foto PEINÓ
O ambiente no Municipal, irrepetible / Foto PEINÓ
O ambiente no Municipal, irrepetible / Foto PEINÓ

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información