09/07/2010
Haz click sobre la imagen para ampliarla
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, clausurou esta mañá a segunda quenda dos campamentos de verán “Móvete con Nós” que organiza a Fundación Balogal e que se están a desenvolver durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro no Pazo Provincial de Deportes.
No acto de clausura desta segunda quenda, o nacionalista estivo acompañado de persoal da Fundación Balogal, cos que puido presenciar unha pequena exhibición que fixeron os máis cativos.
Antón Bao resaltou que a clave do éxito deste proxecto radica no bo traballo realizado pola propia organización desde o club Estudiantes coa Fundación Balogal e “nas múltiples facetas que este abarca”. Nesta liña, o vicepresidente da Deputación de Lugo asegurou que estes campamentos facilitan a conciliación laboral e familiar dos lucenses no período estival e integran aos máis novos nunha rutina moi saudable: a práctica dun deporte que “potencia as súas habilidades sociais a través do contacto con outros rapaces e rapazas da mesma idade”. Logo disto, o nacionalista destacou a “faceta solidaria” dun proxecto que colabora con Unicef e a Cruz Vermella doando unha pequena porcentaxe do custo da matrícula a estes organismos.
A Fundación Balogal organiza desde xuño, co patrocinio da Área de Deportes da Deputación, 10 campamentos de verán (un por semana) que se desenvolverán até o 3 de setembro, nas instalacións do Pazo Provincial dos Deportes. Así, os rapaces e rapazas que se inscriban nas xornadas poderán practicar o seu inglés mentres xogan ou iniciarse no mundo da danza con xogos de destreza rítmica, ademais de participaren nos obradoiros, xogos de predeporte, alternativos e populares nas actividades ao aire libre ou incluso nalgunha que outra excursión.
Máis de 700 nenos e nenas
Estas actividades de verán realizanse en horario de mañá (09:00 a 14:00 horas) e están destinadas a rapaces e rapazas de entre 3 e 13 anos de idade. A matrícula ten un custo de 50 euros e deberá formalizarse na oficina do Club Estudiantes do Pazo Provincial de Deportes tres días antes do comezo do campamento en cuestión. Ofértanse un total de 120 prazas por semana ou campamento, nos que na pasada edición participaron máis de 750 nenos e nenas.
Categorías Inferiores
Estudiantes Lugo Leyma Natura 68-72 Baloncesto Naron.
| Patrocinadores | CB Breogán | RSS | ||
|---|---|---|---|---|
® CBBREOGAN.COM | L.O.P.D. | L.S.S.I | NOTAS LEGALES | MAPA WEB |