Ethan Happ, novo xogador do Río Breogán

Compartir con

O pivote estadounidense de 26 anos e 2,08 m. procede da Bundesliga alemá

O interior Ethan Happ xogará no Río Breogán a próxima tempada. O pivote chega ao equipo galego tras o seu destacado paso pola liga alemá, onde promediou 9,5 puntos e 5,6 rebotes en 19 minutos de xogo nas filas do Risen Ludwingsburg, cuarto clasificado da Bundesliga, equipo co que tamén participou na BCL asinando 9,3 puntos e 6,8 rebotes en 20 minutos de media sobre a pista.

Happ formouse na Universidade de Wisconsin (2015-2019) onde deixou rexistros históricos na NCAA tras superar os 2000 puntos, 1000 rebotes e 400 asistencias no seu periplo universitario e recibindo diversos recoñecementos como mellor xogador interior da liga.

O novo xogador do Río Breogán chegou a Europa por primeira vez en 2019 para xogar nas filas do Olympiakos, acabando a tempada cedido en Vanoli Cremona da Serie A italiana achegando 17,9 puntos e 9 rebotes.

En 2020 asinou polo Fortitudo Bologna (Italia Serie A) onde rexistrou 13.5 puntos e 9.1 rebotes por partido. En xaneiro de 2021 firma polo Dinamo Sassari, equipo co que xogou a BCL promediando 11,8 puntos e 6,6 rebotes na liga europea.

Finalmente, o 12 de xaneiro de 2022, asinou polo MHP Risen Ludwigsburg da Basketball Bundesliga alemá.

Ethan Happ é un pivote anotador e bo reboteador, con bos movementos no poste baixo e unha gran lectura do xogo.

Ethan Happ, novo xogador do Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información