Evolución do estado físco do equipo

Compartir con

Repasamos o listado de xogadores tocados. Súmase á lista Ricardo Úriz con problemas musculares

Úriz: O xogador rematou con molestias o partido ante Zaragoza. As primeiras probas apuntan a unha rotura fibrilar no sóleo. Probas complementarias determinarán os prazos para a recuperación.

Norel: Presenta unha evolución satisfactoria e traballa en ximnasio, piscina e realzando exercicios en pista coa supervisión de fisioterapeutas e preparador físico e aumentando as cargas de traballo progresivamente.

Kabasele:  Evoluciona favorablemente e aumenta progresivamente o  tempo de traballo específico en pista e ximnasio. Está previsto que durante esta semana se integre nalgún exercicio co resto do equipo que non implique contacto (5x0, exercicios de tiro, etc.)

Kinsey: Evoluciona favorablemente da rotura muscular e afronta a fase final de recuperación para regresar ao traballo en pista. Agárdase que se incorpore ao traballo co equipo esta mesma semana.

Arco: Sometido a unha infiltración está a traballar con cargas progresivas para unha recuperación gradual que evite posibles recaídas.

Sulejmanovic: Remiten as súas molestias de xeonllo (edema óseo) e pouco a pouco aumentará o tempo de traballo co equipo. O xogador dosificou o número de sesión durante as últimas semanas.

Evolución do estado físco do equipo
Evolución do estado físco do equipo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información