Evolución do estado físico dos xogadores do Cafés Candelas

Repasamos o estado dos xogadores que se recuperan de lesións ou que tiveron molestias nas últimas semanas

Norel: Tras revisión presenta unha evolución satisfactoria e traballa en ximnasio e realzando exercicios en pista coa supervisión de fisioterapeutas e preparador físico.

Kabasele:  Evoluciona favorablemente e aumenta progresivamente o  tempo de traballo específico en pista e ximnasio.

Kinsey: Evoluciona favorablemente da rotura muscular e afronta a fase final de recuperación para regresar ao traballo en pista.

Arco: O xogador resentiuse da súa lesión de nocello e está a ser sometido a novas probas.

Sulejmanovic: Recupérase lentamente das molestias de xeonllo que lle están a impedir traballar con normalidade durante a semana. Dosificará o traballo co grupo para alcanzar a mellora precisa.

Úriz: Tras debutar, o xogador confirma boas sensación e traballa con normalidade o equipo para alcanzar o nivel óptimo de preparación.

Brown: O xogador esquece xa as súas molestias de nocello e tamén traballa con normalidade co equipo.

Cvetkovic: Recuperado das molestias lumbares que lle afectaron a pasada semana,  está previsto que traballe con normalidade os vindeiros días.

 

Evolución do estado físico dos xogadores do Cafés Candelas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información