Evolución do estado físico dos xogadores do Cafés Candelas Breogán

Compartir con

Repasamos a actualidade da enfermería celeste

Alec Brown: O xogador resentiuse do seu nocello durante o partido ante Obradoiro e retirouse. O seu estado no reviste gravidade e por precaución fará traballo específico esta semana para tratar de estar en boas condicións para os vindeiros compromisos de liga.

Kinsey: O xogador retirábase durante os primeiros compases do derbi e tralas primeiras probas confírmase unha rotura fibrilar nos isquiotibiais que o manterá afastado da cancha un prazo non inferior a 20 días, dependendo da síua evolución.

Sulejmanovic: Aínda non se atopa ao 100% recuperado da súa contusión ósea na zona externa do xeonllo esquerdo e aínda que estará dispoñible para xogar, dosificará o traballo semanal para avanzar na súa recuperación.

Arco: Mellora da súa lesión de nocello e está previsto que se incorpore progresivamente ao traballo co grupo esta mesma semana.

Úriz: Evoluciona lentamente da súa lesión de cartilaxe do xeonllo e traballa con fisioterapeuta e preparador físico para regresar canto antes.

Norel: O xogador camiña xa sen axuda da muleta e está a incrementar traballo de forza alternando piscina, bicicleta, exercicios en escaleiras, etc.

Kabasele: O xogador cumpre 5 meses e medio dende a súa intervención por rotura de ligamentos. Evoluciona favorablemente e atópase na fase final de traballo en piscina e irá incorporando tempo de traballo específico en pista.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información