Facendo equipo con ADOS

Compartir con

Facendo equipo con ADOS

Técnicos do Río Breogán acudiron a doar sangue

O fisioterapeuta Pablo Duarte, o técnico Javi Muñoz, o deputado Efrén Castro, ou o director da Fundación Breogán foron algúns dos que se pasaron a doar sangue á unidade movil da Axencia de Doantes de Galicia como parte da semana dedicada a apoiar o importante labor de ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia).

O Río Breogán , coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo, dedican o partido do equipo lucense ante o Joventut a difundir a importancia da solidariedade que implica a doazón de sangue e órganos, fundamental para o traballo de salvar vidas en centros hospitalarios.

A misión de ADOS é a de actuar como un instrumento de xestión eficiente para asegurar a doazón voluntaria de sangue, o procesamento, fraccionamento, almacenamento e o abastecemento de compoñentes sanguíneos e hemoderivados, a coordinación de transplantes de órganos e a obtención, procesamento, almacenaxe, distribución e implante de células e tecidos, aplicando os criterios de calidade vixentes no mercado e na lexislación de aplicación, e seguridade marcados tanto pola lexislación vixente como polas guías científicas, e asegurando que se cumpren todos os aspectos éticos inherentes á doazón e ao uso de substancias de orixe humana procedentes dela.

 

Facendo equipo con ADOS
Facendo equipo con ADOS
Facendo equipo con ADOS

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información